martes, 14 de diciembre de 2010

O SAPO E A RÁ


Querida rá, para chegar a ti non sei como saltar.

Pódesme axudar?

Sapo querido,

É que queres ligar comigo?

Déixate de retrancas

E dime, que teño que facer para mover as ancas?

Se de verdade queres saltar,

Os músculos debes facer funcionar.

E non será mellor,

Contar co sistema nervioso e o locomotor?

Usa os músculos para o movemento,

E cando chegues estarás contento.

Pois ao nenúfar vou apuntar

Para onde ti chegar.

Ai sapo, meu querido,

Xa estás comigo.

Querida rá, déixame descansar,

Que do esforzo un espasmo vaime dar.

Eu e o meu pai fixemos esta poesía e nos divertimos moito coa conversa entre o sapo papoulas e a rá namorada. Como estivemos estudando o corpo humano metemos na poesía parte do aprendido. Evidentemente non quixemos facer rima co sistema reprodutor aínda que sería unha voa idea acabar a poesía con el. Queda para vosa imaxinación esta rima final.

Palabra nova para o noso dicionario de palabras:

ESPASMO. Contracción involuntaria dos músculos.

Antía e Xoán

3 comentarios:

  1. Un poema dialogado moi divertido, seguro que non esqueces este tema. Hache saír un exame para unha boa nota.

    ResponderEliminar
  2. Palabra nova:
    No pobo onde eu me criei dicíaselle "lardubeira" a unha persoa que andaba coas roupas sucias e engraxadas.
    Non a atopei en ningún diccionario, debe ser un localismo dun lugar moi concreto do sur da provincia de Ourense preto da provincia de Lugo.
    Escribina con "B" pero non sei se é así ou con "V"

    ResponderEliminar