miércoles, 1 de diciembre de 2010

A nosa lingua

A MIÑA LINGUA

Falo coa miña lingua irada,
coa rabia da brétema nos ollos,
coas palabras-farrapos culpantes
de tanto ladroício, coas bágoas,
o ferro, o veneno, a auga turba,
a lama dos pozos sen peitoril nin dono,
a fereza dos cazadores doutrora
-os que amansaban falcós e miñatos-
coa fala dos saqueadores de eirexas,
a lingua maldita dos asasinos,
dos saltadores de camiños,
de tódolos bandoleiros sen perdón
e dos guerreiros mercenarios,
a fala muda dos pobres de pedir
e dos guerreiros mercenarios,
a fala muda dos pobres de pedir
e dos cás escorrestados da lareira.
Falo coa miña fala vagamunda,
cos berros das mulleres no parto,
coa voz de cada condenado deste mundo,
de cada exiliado da vida.

 Pilar Cibreiro, 1952



NADIA JALDA



1 comentario:

  1. Con tanta emoción ata eu me esquecería do autor! Pero lembra Nadia que o recoñecemento sempre llo debemos, e seguro que atopas ben fácil quen é o autor, ou autora. Unha pista... copia un par de versos e busca en google!
    Seguro que o autor/a queda máis contento/a ao ver o seu nome ao final do poema.

    ResponderEliminar