miércoles, 30 de mayo de 2012

O pracer dunha tertulia mollada en chocolate



O venres pasado celebramos unha tertulia literaria na biblioteca co alumnado de 6º curso de primaria e a súa profesora de lingua. Previamente lemos durante tres semanas o libro de Carmen Martin Gaite titulado "Caperucita en Manhattan".

A tertulia literaria deu comezo cunha introdución musical como recreación do ambiente desta obra, a partir dunha canción referenciada no libro: Parlami d'Amore Mariu, de Vittorio de Sica.

A partir de aí o debate centrouse en catro temas principais:

Primeiro, os alumnos e alumnas opinaron sobre se lles gustou a obra, sobre os seus puntos fortes e débiles...
En segundo lugar estableceron analoxías coa obra de Perrault: Carapuchiña vermella
En terceiro lugar reconstruíron o argumento da obra entre todos e todas ao tempo que describían aos personaxes principais.
Por último, abordaron os temas principais tratados neste libro, en particular o tema da liberdade persoal.

Como epílogo, todos e todas compartimos un suculento almorzo, con chocolate quente e uns bolos e biscoitos que os propios alumnos/as trouxeron das súas casas.
Unha experiencia que merece a pena levar a cabo con máis frecuencia!!

Todo isto podemos velos nos 3 vídeos que seguen:
O primeiro arranca coa introdución e remata nas analoxías coa obra de Perrault.



 No segundo os alumnos/as reconstrúen o argumento da obra.



No último reflexionan sobre o tema da liberdade e... conclúen cun merecido almorzo!



lunes, 21 de mayo de 2012

Valentín Paz Andrade

Valentín Paz Andrade, nado en Pontevedra no barrio Lérez o 23 de abril de 1898 e falecido en Vigo o 19 de maio  de 1987, foi poeta, xurista, economista, político, empresario,escritor, poeta e xornalista galeguista, tamén fundou unha revista de pesca xunto con outros escritores. O seu pai chamábase Francisco Paz cochón, que era concejal no conceyo de Pontevedra, a súa nai chamábase Matilde Andrade Tojeiro, tamén tiveron outras 3 fillas chamadas Matilde, Carmen e Castora. Fiso a carreira primaria e secundaria en Balmes, estudou dereito na universidade de Santiago de compostela, o seu interese pola literatura comezou grazas a axuda do seu tío Juan Bautista Andrade. Estivo un mes no cárcere polos seus escritos. Despois do alzamento militar foi desterrado a serra de Queixa.
Foi membro da R.A.G (Real Academia Galega), tamén formou parte da orde dos dez. Este ano adícaselle o día das letras galegas, e a Editorial Merlín fiso un libro coa biografía de Valentín Paz Andrade.


 Estas son algunhas das súas obras:


Pranto matricial, Galicia como tarea, Sementeira do vento, La marginación de Galicia, El capital como factor del desarrollo de Galicia, El sistema económico de la pesca en Galicia, Producción y fluctuación de las pesquerías, Los derechos sobre el espacio marítimo, Pranto matricial, Sementeira do vento e Cen chaves na sombra.