martes, 18 de septiembre de 2012

Feliz comezo de curso!!!!!

Ola!!!! Para que vexades que non me esquezo de vós, envíovos unha doce aperta cargadiña de vós desexos para este novo curso que comezades.
Estou segura de que será unha experiencia marabillosa que vos fará medrar en tódolos sentidos.
A ser felices!!!!

Como dicía Debussy, "A música fíxose para o inexpresable". Co bo facer dun cantautor como Joan Manuel Serrat, espero que "descifredes" todo o que quero transmitirvos.

Un bico ENORMEEEEEE!!! Muaaaaaaaaaaaaaaaaaaá!!!


Ana

miércoles, 13 de junio de 2012

Manzaneda a gargalladas








Os días 6, 7 e 8 de xuño fomos de excursión fin de etapa a Manzaneda. Acompañáronnos a nosa titora Ana e a nosa teacher Montse. Compartimos autobús cos alumnos e alumnas de 6º do colexio de San Roque. 





A media mañá fixemos unha parada para merendar no mosteiro máis antigo de Galicia, San Pedro de Rochas (Ourense). Nel había un maniquí que representaba un monxe benedictino, un neno da clase púxose detrás del, outros alumnos/as chamaron ós compañeiros/as e ás profes e deulles un susto.




Cando chegamos a Manzaneda, despois de almorzar, comezamos as actividades. A primeira delas foi os karts, onde Saúl “humillou” a Ana e a Montse adiantándoas mentres elas ían a velocidade “vertixinosa”.




En sendeirismo, subimos ata a cima de Cabeza de Manzaneda. Na baixada, facía moito vento, frío e chovía. Comezamos a comentar a roupa de abrigo que levabamos. Un compañeiro indicou que tiña un anorak e un “zorro polar” en lugar dun “forro polar”. A confusión de palabras foi moi divertida. 



Nos cabalos, Ana montou en Caramba, o máis vello. Tivo unha inesperada sorpresa, o cabalo de súpeto comezou a mexar e tirouse un peido. Jajajaja!! 

A primeira noite, cando viñemos da velada, un neno entrou no corredor e dixo que mirara unha aparición dun home cun pixama de raias ó final do mesmo. A consecuencia de todo isto foi que nos entrou un medo aterrador e algúns chegamos a pedir durmir acompañados/as das profes ou doutros compañeiros/as. 

A segunda noite, Jacob, Iván e Amable botáronse a durmir profundamente e pecharon a porta con chave deixando fóra a Xian e a Miguel. Estivemos petando unha hora e non abrían. Ana e Montse foron a recepción a pedir outra chave. Como non había ninguén, Ana tivo que saltar un valado e petar na ventá da habitación ás 2 da mañá. Por fin, espertou Iván e abriu a porta. Durmían como troncos!!!! 





Foi unha experiencia inesquecible. Gustaríanos moito repetila. 


 

miércoles, 30 de mayo de 2012

O pracer dunha tertulia mollada en chocolate



O venres pasado celebramos unha tertulia literaria na biblioteca co alumnado de 6º curso de primaria e a súa profesora de lingua. Previamente lemos durante tres semanas o libro de Carmen Martin Gaite titulado "Caperucita en Manhattan".

A tertulia literaria deu comezo cunha introdución musical como recreación do ambiente desta obra, a partir dunha canción referenciada no libro: Parlami d'Amore Mariu, de Vittorio de Sica.

A partir de aí o debate centrouse en catro temas principais:

Primeiro, os alumnos e alumnas opinaron sobre se lles gustou a obra, sobre os seus puntos fortes e débiles...
En segundo lugar estableceron analoxías coa obra de Perrault: Carapuchiña vermella
En terceiro lugar reconstruíron o argumento da obra entre todos e todas ao tempo que describían aos personaxes principais.
Por último, abordaron os temas principais tratados neste libro, en particular o tema da liberdade persoal.

Como epílogo, todos e todas compartimos un suculento almorzo, con chocolate quente e uns bolos e biscoitos que os propios alumnos/as trouxeron das súas casas.
Unha experiencia que merece a pena levar a cabo con máis frecuencia!!

Todo isto podemos velos nos 3 vídeos que seguen:
O primeiro arranca coa introdución e remata nas analoxías coa obra de Perrault.



 No segundo os alumnos/as reconstrúen o argumento da obra.



No último reflexionan sobre o tema da liberdade e... conclúen cun merecido almorzo!



lunes, 21 de mayo de 2012

Valentín Paz Andrade

Valentín Paz Andrade, nado en Pontevedra no barrio Lérez o 23 de abril de 1898 e falecido en Vigo o 19 de maio  de 1987, foi poeta, xurista, economista, político, empresario,escritor, poeta e xornalista galeguista, tamén fundou unha revista de pesca xunto con outros escritores. O seu pai chamábase Francisco Paz cochón, que era concejal no conceyo de Pontevedra, a súa nai chamábase Matilde Andrade Tojeiro, tamén tiveron outras 3 fillas chamadas Matilde, Carmen e Castora. Fiso a carreira primaria e secundaria en Balmes, estudou dereito na universidade de Santiago de compostela, o seu interese pola literatura comezou grazas a axuda do seu tío Juan Bautista Andrade. Estivo un mes no cárcere polos seus escritos. Despois do alzamento militar foi desterrado a serra de Queixa.
Foi membro da R.A.G (Real Academia Galega), tamén formou parte da orde dos dez. Este ano adícaselle o día das letras galegas, e a Editorial Merlín fiso un libro coa biografía de Valentín Paz Andrade.


 Estas son algunhas das súas obras:


Pranto matricial, Galicia como tarea, Sementeira do vento, La marginación de Galicia, El capital como factor del desarrollo de Galicia, El sistema económico de la pesca en Galicia, Producción y fluctuación de las pesquerías, Los derechos sobre el espacio marítimo, Pranto matricial, Sementeira do vento e Cen chaves na sombra.

martes, 13 de marzo de 2012

MERCADIÑO DE 6º NO CROSS A RÚA

Inauguramos o vindeiro domingo 18 de marzo no Cross do colexio o magnífico MERCADIÑO de 6º. Temos de todo: bicis, libros, xogos da play, menaxe de fogar, roupa, gafas, puzzles...e moito máis. Os beneficios serán para a nosa excursión de fin de etapa a Manzaneda.

A prezos de loucura nesta oferta de apertura!!
Acudide, non volo perdades!!!

Este é o noso estupendo catálogo: 

miércoles, 7 de marzo de 2012

Mila (Nai de Nadia) leu con nos

Este ano Mila, a nai de Nadia, leunos un libro chamado "Citas Famosas", tratase de frases importantes de Filosófos.


Antes de lernos as frases famosas enseñounos unha presentacion que fixo ela de filosófia: Na primeira folla saía unha "descripcion" de que é a filosófia, na 2ª folla saía unhas preguntas de filosófia e nas seguintes follas algunhas cantas frases graciosas que escribiron nenos en internet do que sentian eles.


ESTA É A PRESENTACION (Clica neste enlace para vela):


As preguntas que preguntou foronlle moi interesantes aos alumnos e estas foron as súas respostas:


1)¿Por qué podemos utilizar, para experimentos médicos, animais pero non hombres?


  • Porque ninguen botaría en falta a unha rata de laboratorio.
  • Porque lle dan máis importancia á vida dun human.
  • Os animais non poden rebelarse, os homes/mulleres si.
 
  2) ¿Por qué teñen que haber normas morais?

  •  Para que o mundo non sexa unha catástrofe.
 
3) ¿Por qué dicen que o amor é cego?


  • Porque ti podes namorarte de persoas distintas a ti.

4) ¿ Te parece boa a táctica da avestruz para non temer a morte?


  • Énfrontarte os medos 


5) Según ti, ¿en qué consiste a felicidade?


  • Ter unha vida o mellor posible. Facer feliz a ti mesmo e ós demais




6) ¿Que relacion hai entre libertade e responsabilidade?


  • A responsabilidade marca o limite onde podes chegar 

 Agora deixovos algunhas citas famosas do libro que leunos Mila:


  • Si tiene remedio, ¿Por qué te quejas? Si no tiene, ¿Por qué te quejas? 
                                                                 Proverbio oriental


  • Conocete a ti mismo.
                        Oráculo de Delfos


  • ¿Quien soy yo? Estoy tratando de averiguarlo.
                                     J.L. Borges 
  • El que mucho elige se queda lo peor.
                                      Dicho uruguayo


  • Cuando el hombre no se encuentra a si mismo, no encuentra nada.
                                                         Goethe


  • En cuanto a mi, solo se que no se nada.
                                      Sócrateres




  • Sufrir y llorar significa vivir
                     Dostoiewski


                                                                                        Nadia


jueves, 16 de febrero de 2012

A guerra das sementes


Vouvos falar sobre unha guerra moi descoñecida chamada "A GUERRA DAS SEMENTES"

Esta guerra consiste en:
Varias industrias compran e modifican xeneticamente as sementes de todo o mundo. E vós  preguntarédesvos: ¿Por que son modificadas estas sementes?
Pois para que os vendedores de ditas sementes non poidan volvelas a prantar.

Para que cada semente do mundo non desaparezca, os Noruegos teñen no seu poder un banco só para sementes .Ali podense encontrar sementes de todo tipo.
O banco de esmentes cumpre coa funcion :
De almacenar as sementes e telas clasificadas . Asi podemos dispoñer delas para recuperar plantas que nun futuro se puidesen encontrar en perigo de desaparecer debido a pragas ,catástrofes , cambios climaticos....

Saúl

martes, 14 de febrero de 2012

Pido la paz y la palabra, de Blas de Otero

Pido la paz y la palabra
Escribo
en defensa del reino
del hombre y su justicia. Pido
la paz
y la palabra. He dicho
«silencio»,
«sombra»,
«vacío»
etcétera.
Digo
«del hombre y su justicia»,
«océano pacífico»,
lo que me dejan.
Pido
la paz y la palabra.

Blas de Otero





EU PIDO:
 
Diversidade, Compromiso, Agarimo, Liberdade, Convivencia, Xustiza, Amor, Bondade, Simpatía, Paciencia, Risas, Empatía, Ilusión, Ledicia, Bicos, Imaxinación, Optimismo, Cooperación, Amizade, Soños, Humor, Solidaridade, Apertas, Confianza, Xustiza.

(Desexos dos alumnos/as de 6º)

lunes, 6 de febrero de 2012

Excursión a Coruña

O pasado día 31 de xaneiro fixemos unha saída á cidade da Coruña para visitar o Acuario Finisterrae e a Domus. Nada máis chegar estivemos no acuario onde había unhas boas vistas á Torre de Hércules. O primeiro que fixemos foi ver as focas comúns, uns animais moi glotóns. Había dúas piscinas, nunha as femias e noutra os machos. Faláronnos bastante das focas, dalgunhas das súas características. Tamén estaban por alí cerca os helicópteros, lanchas, etc., polo do caso Orzán. Despois de ver as focas fomos á "charca das caricias" onde tocamos un tiburón Pinta Roxa, a súa pel era como unha lixa. Ó final, o último que visitamos no acuario foi o "Nautilus", unha sala rodeada dunha peceira enorme onde podiamos distinguir tiburóns touro, anxelotes, tiburóns de arrecife, meros...

Logo de merendar no paseo marítimo, chegamos á Domus, un museo "macanudo". No primeiro andar había cousas moi variadas, dende un cadro da Mona Lisa feito de fotos, case 10000, ata aparatos para ver o noso rendemento físico. No 2º andar, dedicado á vista, ó cerebro... xogamos a un xogo de mover unha bola coa mente.
No 3º andar tiñamos o resto dos sentidos e o aparato locomotor. O que máis me gustou nese andar foi a bici, que pedaleabas e un esquelete movíase.
No 4º andar, non tiven tempo de ver nada porque tiñamos que comer.
Despois de comer vimos unha peli de WWF sobre a nosa intervención nos ecosistemas mundiais. Logo de ver esta peli marchamos a Cangas outra vez.

Manel



Visita á Domus:


Visita ó Acuarium Finisterrae:


jueves, 2 de febrero de 2012

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore (2011)

Onte no curso de profesores/as sobre "Comprensión lectora" que estamos a desenvolver no colexio, proxectáronos esta curtametraxe que me pareceu toda unha "delicatesem". Espero que vos guste tanto como me gustou a min. Non esquezades facer algún comentario ó respecto para compartir a vosa visión do filme.

lunes, 23 de enero de 2012

Pobos desprazados

Por mor da celebración do día da Paz o 30 de xaneiro, animo a tódolos alumnos/as de 6º a participar na busca de información sobre POBOS DESPRAZADOS que tiveron que abandonar de forma masiva o seu lugar de orixe por causas contrarias á súa vontade.
Podedes colgar as vosas achegas do documento que se abrirá ó facer click nesta imaxe:


domingo, 1 de enero de 2012

¿Que é o Nadal?

O Nadal (latín: nativitas, «nacemento», )é unha festa das máis importantes do cristianismo, esta festa celébrase polo nacemento de Jesús en Belén.

Esta festa celébrase o 25 de Decembro e a súa vispera (Noiteboa) celébrase o 24 de decembro .

Para alguns historiadores a celebracion do nadal tiña que situarse na Primaveira(ente abril e maio) porque cando naceu Jesús suponse que os pastores coidaban os rebaños ao aire libre eo ceo estaba cheo de estrelas, é pouco probable que este acontecemento fóra en inverno. A igrexa pon no 25 de decembro esta festa porque na primaveira ou o outono a igrexa celebra a Pascua.

O Nadal  é a festa Cristiana máis popularizada (aunque a igraxa lle pareza máis importante a pascua), por tal motivo é a que ten máis tradicions:


A cena de Nadal, consiste en un banquete dedicado ao nacemento de Jesús. Tradicionalmente comese Pavo, Bacalao, cerdo, cordeiro e  otros pratos, dependendo do lugar en que  se celebre o as tradicions da familia.

   Os Belenes,Pesebres ou Nacemento Navideño consiste no nacemento de Jesus, nas que as, mediante unha maqueta de Belén e seus alrededores, na maqueta as figuras principais e o no establo onde naceu Jesus, que ali esta maria,  josé e o neno jesús, logo esta a  Sagrada Familia, os animais e os pastores, tamen os 3 reyes magos e unha estrela que sole colocarse enriba do árbol do nadal. 

Os villancicos son cantigas dedicadas ao nacemento de Cristo o a sagrada Familia.

En alguns paises ahi uns personajes de ficcion  que lle traen regalos aos nenos pero en cada pais teñen distinto persoase o distinta maneira de que lle traia o regalo:
  •      Befana en partes de Italia.
  •     Olentzero no País Vasco
  •     Esteru en Cantabria
  •     Apalpador en Galicia
  •     os Reies Magos en España, Portugal e gran parte de Latinoamérica son os encargados de darlles regalos a os nenos o 6 de enero, en representación a os regalos levados a Jesús no seu nacemento(Fiesta de la Epifanía).
  •   Santa Claus o Papá Noel en EE.UU.eo  Norte de Europa, aunque l expansión comercial de Estados Unidos,  converteu a Santa Claus no personaxe central do Nadal en todo o mundo, e  ha desplazado el sentido religioso de esta fiesta por el sentido más comercial actual.
  •     Tió de Nadal en Cataluña, y Cachafuòc en Occitania
  •     El Niño Jesús o Niño Dios en Colombia, Costa Rica, Ecuador, El Salvador, Nicaragua, Perú, Puerto Rico, Venezuela y en México en especial en zonas rurales. El Niño Jesús también en la República Checa (Ježíšek), Eslovaquia (Ježiško), Alemania, Austria y Suiza (Christkind o Kristkindl).
    En Argentina más conocido y famoso Santa Claus o Papá Noel y también El Niño Dios.

  •     En Chile es conocido con el nombre de Viejito Pascuero, que tiene las mismas características de Santa Claus.