miércoles, 30 de mayo de 2012
O pracer dunha tertulia mollada en chocolate
O venres pasado celebramos unha tertulia literaria na biblioteca co alumnado de 6º curso de primaria e a súa profesora de lingua. Previamente lemos durante tres semanas o libro de Carmen Martin Gaite titulado "Caperucita en Manhattan".
A tertulia literaria deu comezo cunha introdución musical como recreación do ambiente desta obra, a partir dunha canción referenciada no libro: Parlami d'Amore Mariu, de Vittorio de Sica.
A partir de aí o debate centrouse en catro temas principais:
Primeiro, os alumnos e alumnas opinaron sobre se lles gustou a obra, sobre os seus puntos fortes e débiles...
En segundo lugar estableceron analoxías coa obra de Perrault: Carapuchiña vermella
En terceiro lugar reconstruíron o argumento da obra entre todos e todas ao tempo que describían aos personaxes principais.
Por último, abordaron os temas principais tratados neste libro, en particular o tema da liberdade persoal.
Como epílogo, todos e todas compartimos un suculento almorzo, con chocolate quente e uns bolos e biscoitos que os propios alumnos/as trouxeron das súas casas.
Unha experiencia que merece a pena levar a cabo con máis frecuencia!!
Todo isto podemos velos nos 3 vídeos que seguen:
O primeiro arranca coa introdución e remata nas analoxías coa obra de Perrault.
No segundo os alumnos/as reconstrúen o argumento da obra.
No último reflexionan sobre o tema da liberdade e... conclúen cun merecido almorzo!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Quero agradecer a todos os alumnos e alumnas participantes na tertulia o seu interese e entusiasmo. Foi un verdadeiro pracer para min compartir este momento con todos vós. Tamén agradecer á profe Patricia a súa colaboración e participación e ás bibliotecarias por facilitarnos un entorno marabilloso: A nosa biblioteca, baixo a mirada atenta de Carapuchiña e o lobo!!!
ResponderEliminarProfe Ana