lunes, 20 de diciembre de 2010

IMOS COLECCIONAR PALABRAS

Ben rapaces, aquí vos deixo o noso dicionario de palabras actualizado. Esta semana temos novas entradas e conseguimos ampliar o número de termos. Non vos esquezades da importancia de participar todos os membros da familia e pescudar en todos os recantos para ver se atopamos algunha máis.

FELICES FESTAS!!!

AFARTACÁNS. Filloas do máis pobre feitas só con leite e fariña.

ALPABARDA: Persoa pouco intelixente.

ARGANA. Espiña do peixe.

BISARMA: Pau longo cunha coroa de anzois no seu extremo que se utiliza para enganchar polbos.

BOTEFA. Hortaliza da familia das cabazas, de tamaño medio e que se utiliza para a confección das prezadas chulas, mmm que ricas!

ENXOITA. (V. Enxugar) Seca.

ESPASMO. Contracción involuntaria dos músculos.

FERVELLOSMILLOS. Dise da persoa (nena ou neno) que non para quieta.

LARDUBEIRA. Persoa que anda coas roupas sucias e engraxadas. (Localismo do norte de Ourense)

RABISACA: Persoa que ten moito xenio.

RIXÓN ou ROXÓN. Anaco de graxa de porco que contén un chisco de carne. SIN. torresmo.

2 comentarios: