Adiós ríos, adiós fontes
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequeños;
adiós, vista d'os meus ollos,
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde m'eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiñas d'o meu contento.
Muiño d'os castañares,
noites craras d'o luar,
campaniñas timbradoiras
d'a igrexiña d'o lugar.
Amoriñas d'as silveiras
que eu lle daba ô meu amor,
camiñiños antr'o millo,
¡adiós para sempr'adiós!
¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nascín,
deixo a aldea que conoço,
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga pol-o mar;
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quén puidera non deixar!
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas d'o camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Xa s'oyen lonxe, moi lonxe,
as campanas d'o pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa s'oyen lonxe, máis lonxe...
Cada balad'é un delor;
voume soyo, sin arrimo...
miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!
¡Adiós tamén, queridiña...
Adiós por sempre quizáis!...
Dígoche este adiós chorando
desd'a veiriña d'o mar.
Non m'olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!
Rosalía de Castro
Esta poesía é de Rosalía de Castro pero me encanta a versión de Amancio Prada que é un cantante que naceu nun pobo de León (Castilla y León)pero nese pobo se fala galego. Amancio Prada é un dos meus cantantes preferidos espero que vos guste a canción.
Xian
SENCILLAMENTE, ESPECTACULAR!!!. NORABOA POETAS
ResponderEliminarGuau, Xian muy bonita, ya la conocia, pero gracias por recordarmela.
ResponderEliminarDenada jejeje!!!!!!!!!!
ResponderEliminarxian felicidades eu tamen a conocia eu te diari que xa que e unha cancion pois podes ponerla como un video.
ResponderEliminarxian me gusta mucho tu poesia.
ResponderEliminarSau que te recuperes pronto e a entrada e unha canción non unha poesía jejeje!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarFelicidades Xian, pero non entendo por que tantos apóstrofes(sintoó non sei como se di en galego)
ResponderEliminarpolo medio das palabras, se me o pode explicar alguén, grazas. Saúdos e felices festas.
O uso do apóstrofo.
ResponderEliminarNo galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo < ’ >, aínda que se admite o seu uso cando se pretende reproducir fielmente a prosodia (Parte da fonética que estudia a entoación, a acentuación, as pausas, o ritmo, etc.) do galego oral ou dialectal: Ont’a noite; n’o fixen.
Tamén se pode usar na citación de títulos ou cabeceiras de publicacións cando o artigo inicial se integra coas preposicións "de" ou "en": Iso saíu publicado n’A Nosa Terra. O argumento d´A Esmorga...
En tempos de Rosalía utilizábase máis o apóstrofo porque as normas eran diferentes ás actuais.
Espero que te valla de algo Jacob
Moitas grazas, nunca che acostaras sen saber unha cousa máis. Grazas e saúdos.
ResponderEliminar