Ben nenas e nenos, nais e pais, xa temos as primeiras palabras do noso Dicionario de palabras.
Desde este espazo seguímosvos animando para que deixedes as vosas novas palabras. Vexo que moitos de vós non lestes a anterior publicación onde vos propuñamos crear entre todos un dicionario de palabras. Palabras que non sabedes o seu significado ou que pola súa pronunciación vos resultan peculiares. Palabras que utilizan os vosos pais ou avós habitualmente nos seus traballos ou na casa.
Xián, seguro que o teu avó sabe algunha palabra que se utiliza habitualmente no balonmán. Iria M, teu pai terá moitas palabras que só utiliza no seu oficio. Cata, aínda non deixaches a túa palabra. Nadia, introduce un vocábulo que descoñezas dentro das túas poesías. Diego, Loli, Nadia e Sandra, seguide lendo a Lorca, Miguel Hernández, Machado ou Teijeiro e apuntade todas as palabras que descoñezades e tamén contemplade todas as metáforas, comparacións ou imaxes que nos proporcionan as poesías e pensar o que o poeta quere dicir. E a todos os que aínda non vos animastes a participar, sabedes que aquí tendes un lugar de expresión.
Ánimo.
Xoán C. Riobó
Déixovos as nosas palabras recopiladas. Eu introduzo unha nova.
AFARTACÁNS. Filloas do máis pobre feitas só con leite e fariña.
ARGANA. Espiña do peixe.
BOTEFA. Hortaliza da familia das cabazas, de tamaño medio e que se utiliza para a confección das prezadas chulas, mmm que ricas!
RIXÓN. Anaco de graxa de porco que contén un chisco de graxa.
Rabisaca: persoa que ten moito xenio
ResponderEliminarAlpabarda: persoa pouco intelixente
ResponderEliminarBisarma: Pau longo cunha corona de anzois no seu extremo que se utiliza para enganchar polbos
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminara eliminei por que lle dixen a chus que se equibocara de entrada e o que se equibocara fun eu jejeje!!!
ResponderEliminarAntía non te creas en balonman somos un aburridos jejeje!!! e broma pero non meu avo non sabe ninguha de balonman pero pensarei en algunha outra.
ResponderEliminarNon pasa nada Xían, todos nos equivocamos; o importante é darse conta para poñer remedio.
ResponderEliminarCando era pequena e non paraba quieta miña avoa chamábame "fervellosmillos"
ResponderEliminar