Por que os libros son para pasalo ben e hai libros que che fan sentir mal?
Eu penso, como moitos de vós, que é porque te pos no sitio do que esta vivindo esa aventura ou o que sexa.
Un saúdo e agur.
P.D.: Felicidades a Berta e a Xián.
Manel
Estou de acordo contigo, os libros fanche vivir mil vidas, poñerte na pel dun corsario, voar como ave Fénix, viaxar polo centro da terra, loitar contra Pandafilando de la Fosca vista, chorar a morte de Ramón Sijé... Co simple paso dunha folla podes reencarnarte en miles de personaxes e viaxar ata o infinito e máis aló.
ResponderEliminarPode ser que as experiencias sexan doces, amargas ou agridoces...se estás atento, sempre, sempre, deixarán un poso en ti que che fará medrar como persoa. Somos froito das lecturas que gozamos intensamente.
Bicos e tempo para ler e imaxinar
Ana