martes, 22 de febrero de 2011

Conectando Mundos

As clases de 5º e 6º do colexio A Rúa estamos participando nunha actividade de Intermón Oxfam chamada: Conectando Mundos, un mundo cambiante, un puzzle en construcción.

A actividade que nos corresponde por idade consiste en crear un xogo de construír un pobo no que ten que haber:


- Diversidade, respectar as diferenzas de raza, de cultura, de gustos...


- Participación, onde todos colaboren e axuden nalgunha tarefa.


- Identidade, onde todos teñan nome, características propias e gustos propios.


- Xustiza, onde todos respecten os dereitos propios dos demais.

Antes de comezar a actividade, sacáronnos unha fotografía para colgar no noso perfil.

A actividade faise por fases, nós xa imos pola segunda.



1ª FASE:

Consistiu en ler as regras do xogo e propoñer un nome. Eu recalquei as primeiras letras dos valores de enriba, porque o nome que propuso a miña clase foi "Un pobo DIPIX" (DIversidade, Participación, Identidade e Xustiza).
Votamos un dos nomes que propuxeron os outros coles: Three Peace Games, tamén eliximos tres probas: Debuxa, Mímica e Tabú.




2ª FASE:


Consiste na elaboración das probas que saíron elixidas: Óllao Ben, Tabú e Preguntas. En Óllao Ben fixemos cinco grupos mixtos, cada equipo púxose de acordo para elixir un valor DIPIX que serviu para facer unha lámina de forma colectiva. En Tabú  seleccionamos unha serie de conceptos relacionados coa interculturalidade relixiosa, cultural, gastronómica, socioeconómica e idiomática, e propuxemos as palabras prohibidas para cada un deles. En Preguntas inventamos quince cuestións con tres respostas cada unha sobre as migracións actuais.


E todo isto é o que levamos feito por agora.
Bicos DIPIX pra todos vos.


Catalina.

2 comentarios:

  1. Esta actividade paréceme moi interesante, estarei ao tanto das diferentes fases.

    ResponderEliminar
  2. UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE PARA TODOS. NORABOA E XA NOS AMOSAREDES ESE POBO...

    ResponderEliminar