O ENTROIDO
No entroido fixemos disfraces , colares e cancións. Disfrazámonos de caramelo e tamén fixemos a canción de "Zapatillas", só que a letra inventámola nós. De caramelo non só fomos os de 5º senón tamén os de 6º.
PARA FACER O DISFRACE:
1º paso:
Cada un de nós elixiu unha bolsa plástica dunha das seguintes cores: vermello , laranxa , amarelo , azul e verde.
Logo debuxamos 6 amorodos, 6 laranxas, 6 limóns, 6 mazás e 6 piñas para adornar o disfrace. Recortámolas e pegámolas na bolsa.
Logo debuxamos 6 amorodos, 6 laranxas, 6 limóns, 6 mazás e 6 piñas para adornar o disfrace. Recortámolas e pegámolas na bolsa.
2º paso:
Logo cosemos os disfraces , cada fío era da cor da bolsa plástica.
3º paso:
Tamén fixemos uns caramelos en plástico e pegámolos nun fío para facer un colar.
PARA FACER A COPLA:
1º paso:
Por votación eliximos a canción.
2º paso:
Nas clases de música, inventamos a letra en galego, facendo unha crítica ó colexio e os profesores/as.
PARA FACER CONFETI:
1º paso:
Collimos unha revista para cada grupo. Rompémolas en anacos pequenos para logo tiralos pola rúa.
CANDO SAÍMOS Á RÚA:
Sair pola Pedreira cantando cada ciclo a súa copla e tirando confeti polo chan e algúns ás profes.
CANDO VOLTAMOS Ó COLE:
Fomos directamente ao campo de futbol para cantar as coplas. Despois queimamos o meco e subimos a clase a esperar que tocase o timbre.
FIN
Tomás
Noraboa Tomás unha descripción de como foi o entroido no colexio A Rúa increíble, de verdade asusteime do ben feito que está. Saúdos e noraboa.
ResponderEliminar