miércoles, 2 de noviembre de 2011

O clube de lectura

No clube de lectura, todos os luns na hora de ler o/a nen@ que queira, pode lernos un libro que lle guste e compartilo coa clase.

Esta actividade consiste en: 
  1. seleccionar un libro que che guste
  2. escoller o teu capítulo preferido
  3. facer un comentario que diga porque che interesou o libro e porque o recomendas
  4. contar o argumento do libro
O traballo pódese facer por parellas ou individualmente.

Na clase xa participaron: Pamela co libro chamado "Vampiratas", Lara e Catalina co libro de"Harry Potter", Manel con "Vania el forzudo", Saúl con "20.000 leguas de viaje submarino" e Nerea e Iria con "Inquietantes casas encantadas". 



COMENTARIO:

A nós gustáronnos moito estes libros e tamén recomendámolos ler.
A próxima en participar no clube de lectura é Nadia, estamos seguras de que será estupendo.
Nós cremos que o clube de lectura é moi boa idea .
Un saúdo Lore e Sele.

1 comentario:

  1. Estou de acordo, é moi boa idea. Ás veces non nos atrevemos a ler un libro determinado porque o descoñecemos e tememos que non nos guste, deste xeito podemos ir seleccionando aquelas lecturas que nos resultan máis atractivas.

    ResponderEliminar