Chamome Catalina e quería falarbos da "Hora de ler" que tivemos o día 11.
Dito día, os meus pais Carlos e Carolina viñeron a lernos un conto chamado "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar" de Luis Sepúlveda.
No canto de lernos o libro enteiro (que era o que mais ou menos querian facer) lian un fragmento e o outro o expresaban coas súas palabras. O libro trátase dunha gaivota que impregnada de petróleo e a punto de poñer un ovo, pedíalle a un gato chamado Zorbas que lle fixera tres promesas:
- Que non se comería o ovo.
- Que coidaría deste ata que nacera o polluelo.
- Que lle ensinaría a voar.
Zorbas non sabía que facer co ovo nin como incubalo, nin como coidalo, nin como ensinarlle a voar a unha pequena gaivota polo que pediu axuda a os seus amigos os gatos do porto. Cando menos o esperaba, o ovo rompe e unha pequena gaivota branca coma a neve empeza a pedir comida.
Dende aquela Zorbas apañase para coidar da gaivota que habían decidido chamar Afortunada;pero cando chegou o momento de ensinarlle a voar Zorbas chega a conclusión de que é un tema complicado....
Dende aquela Zorbas apañase para coidar da gaivota que habían decidido chamar Afortunada;pero cando chegou o momento de ensinarlle a voar Zorbas chega a conclusión de que é un tema complicado....
Finalmente piden a axuda dun humano que sube con Zorbas e Afortunada a Torre de San Miguel para despois poñer a maxestuosa gaivota sobre a baranda encitala a voar, Afortunada asustada pide consello de Zorbas que lle dí que ten que voar e a gaivota tirase e cae en picado, segundos antes de levantar o voo alto e de pasar unha e outra vez por riba da torre de San Miguel na que o seu gran amigo Zorbas choraba en silencio.
Ao remetar o conto os meus pais puxeronnos unha presentación no ordeador onde aparecian fotos de nós dende tres anos de infantil ata o curso pasado coa cancion de fondo "Todo se transforma" (Jorge Drexler) e eu creo que a todos os nenos e nenas da miña clase gustoulles moito este pequeno agasallo que nos fixeron despois da lectura.
Carlos e Carolina moitas grazas por vir.
Catalina.
Que sorte temos, ademais duns bos alumnos e alumnas tamén contamos cuns pais e nais excelentes que sempre teñen boa disposición para colaborar.
ResponderEliminar