¡Ola! Chámome Laura e quérovos falar da visita de Beatriz, a miña nai, que estivo na “Hora de ler”, o día 26 de setembro do 2011. Ela escolleu un conto de Editoriais Xerais de Galicia, da escritora Fina Casalderrey, titulado “Chamizo”.
Comenzou por lernos o epílogo. Nel, Fina conta que é escritora de contos infantís, e relata historias que lle pasaban cando ela era pequena.
Deste conto Beatriz leunos dous capitulos. O conto trata dunha nena, chamada Martina, á que lle gustan moito os animais. Gustaríalle ter un gatiño, pero a súa nai dille que non pode ser porque viven nun piso.
Logo falounos do Alhzeimer, que é unha enfermidade do cerebro facendo que as persoas perdan os recordos. A continuación leunos un poema escrito por ela, adicado as persoas que teñen esa enfermidade:
Non lembro se medróu a lúa, nin os nomes dos méus páis, pero gústanme as túas caricias e o calor das túas mans. Se me perdo no camiño non sei cómo voltar; auga de ida sen volta, río que acaba no mar. Non lembro o teu retrato, é un extraño o meu irmán, non sei si rin contigo ou me fixeches chorar. Poemas de amor escribín, volvoretas en min a voar, follas en branco hai agora, auga que escapa das máns. | Xa non sei o que sentín, teño a mirada perdida; paxariños que voaron levándose a miña vida. Ónde foron as verbas, as caras, os sorrisos? e por qué de súpeto xa non lembro os teus bicos? Tempo que me fas olvidar, tempo pasado, perdido, eu sei que ei de marchar, pero esquecín o camiño. Bea Fernández |
No hay comentarios:
Publicar un comentario