miércoles, 21 de septiembre de 2011

LUíS COA SúA METEOROLOXÍA

Hola a tod@s, quería contarvos algo que me gustou moito. ¿Acordádesvos de que antes, no cole, había un profe que se chamaba Luís ? Bueno, pois viu á nosa clase a falarnos da meteoroloxía.
Falounos dela en primeiro lugar, en segundo lugar falounos da atmosfera, de terceiro, do tempo atmosférico; de cuarto, esxplicounos o ciclo da auga; e por último, da presión atmosférica. Bueno para non liarnos, imos seguir un orde. Agora falamos da meteoroloxía ¿De acordo?

1 Meteoroloxía: Aquí falounos das precipitacións en Cangas. Díxonos que o 26 ou o 27 de Febreiro do 2010, viu un temporal moi forte . Ensinounos a súa páxina web: http://www.morrazo.org/meteo.

2 ATMOSFERA: De este apartado aprendín que a atmosfera ten cinco capas , e nós estamos na de abaixo de todo, que é a Troposfera. Falounos da capa de ozono, comentounos que nos protexe da radiacción solar, e tamén algo moi importante, mantén a temperatura do planeta. Comentounos que os gases que expulsamos nós, as plantas, os coches, os avións... Contaminan moito a atmosfera.

3 TEMPO ATMOSFÉRICO: De aquí ensinounos que non nos pode faltar o "mal tempo" se non estaría todo seco e todos morreriamos de sede. Tamén nos explicou a diferencia entre clima e tempo atmosférico. O tempo atmosférico son as circunstancias meteorolóxicas que se toman nun curto período de tempo (4,5 ou 7 días), en cambio o clima son as circunstancias meteorolóxicas que se toman nun longo periodo de tempo (1 ou varios anos).

4 CICLO DA AUGA: No ciclo da auga aprendín que cando chove, a auga cae na terra e nos océanos. Esta auga é evaporada polo sol e de ahí pasa ás nubes. E asícontinuamente, dando lugar ó ciclo da auga. Por outra banda, a terra absorve a auga e de ahí vai para os pozos.

5 PRESIÓN ATMOSFÉRICA: De aquí nos ensinou a interpretar os mapas do tempo. Díxonos que eran as isobaras (que o que fan é marcar a zona que ten = presión). Tamén nos dixo que os mb (milibares) mídense co barómetro ou co altímetro.

¿Aprendéstedes algo con isto ? Eu espero que aprendérades e que vos gustara moito. Moitos bicos a tod@s.

3 comentarios:

  1. Iria, grazas pola túa entrada explicándonos a charla de Luís. Podo facer algunha suxestión? Supoño que si.
    Xa que falas da páxina web MeteoCangas, eu faría un enlace á mesma. Teño a idea de mellorar os contidos desta entrada entre todos. Que che parece? Recórdame que che pase no lapis unha foto da charla para ilustrar este estupendo día.
    Bueno, vouche dar unha primicia (que non se entere ninguén, jejejejeje :-) o mércores que vén volve Luís para falarnos dos instrumentos de observación meteorolóxica. Que che parece?? Xenial!, verdade?
    Un biquiño

    ResponderEliminar
  2. Así, así a entrada está perfecta, melloraches tódolos apartados que che dixemos.
    !Moitas Felicidades¡

    Un saúdo.

    ResponderEliminar