lunes, 6 de febrero de 2012

Excursión a Coruña

O pasado día 31 de xaneiro fixemos unha saída á cidade da Coruña para visitar o Acuario Finisterrae e a Domus. Nada máis chegar estivemos no acuario onde había unhas boas vistas á Torre de Hércules. O primeiro que fixemos foi ver as focas comúns, uns animais moi glotóns. Había dúas piscinas, nunha as femias e noutra os machos. Faláronnos bastante das focas, dalgunhas das súas características. Tamén estaban por alí cerca os helicópteros, lanchas, etc., polo do caso Orzán. Despois de ver as focas fomos á "charca das caricias" onde tocamos un tiburón Pinta Roxa, a súa pel era como unha lixa. Ó final, o último que visitamos no acuario foi o "Nautilus", unha sala rodeada dunha peceira enorme onde podiamos distinguir tiburóns touro, anxelotes, tiburóns de arrecife, meros...

Logo de merendar no paseo marítimo, chegamos á Domus, un museo "macanudo". No primeiro andar había cousas moi variadas, dende un cadro da Mona Lisa feito de fotos, case 10000, ata aparatos para ver o noso rendemento físico. No 2º andar, dedicado á vista, ó cerebro... xogamos a un xogo de mover unha bola coa mente.
No 3º andar tiñamos o resto dos sentidos e o aparato locomotor. O que máis me gustou nese andar foi a bici, que pedaleabas e un esquelete movíase.
No 4º andar, non tiven tempo de ver nada porque tiñamos que comer.
Despois de comer vimos unha peli de WWF sobre a nosa intervención nos ecosistemas mundiais. Logo de ver esta peli marchamos a Cangas outra vez.

Manel



Visita á Domus:


Visita ó Acuarium Finisterrae:


1 comentario: