viernes, 3 de junio de 2011

O meu amigo Zé Leonel

Os meus tíos, os meus pais máis eu coñecimos a Zé Leonel ( José Leonel Perfeito), un cantante moi famoso de Portugal.
A primeira vez que soubemos que era cantante, agasallounos cun CD del, meu tío díxolle que lle escribira unha dedicatoria e el escribiulle: " Se precisases de uma mao amiga, lémbrate que eu tenho dúas" (anotoulle o número de teléfono e a súa sinatura).



Zé Leonel estivo en varios grupos,un deles foi "Xutos e Pontapés" (insultos e patadas), outro "Ex-votos" e o último no que estivo antes de morrer foi "Zé Leonel+Iva".


Unha das cancións máis famosas do grupo "Ex-votos" é "Canto aos peixes":




Zé Leonel morreu a finais de Semana Santa na súa casa en Póvoa de Santa Iria, concello de Loures. O músico sufría cancro de fígado, que fora diagnosticado facía 5 meses. Zé Leonel deu o seu último concerto cos "Ex-votos" no Centro Cultural Malaposta, en Odivelas, no que participou Kaloo, batería dos "Xutos e Pontapés".


Nadia Jalda Fonseca




  COMENTARIOS DO MEU TÍO:

  • Coñecín a Zé Leonel en España. Non sabía que el era artista, ata que un día me agasallou cun CD dos "Ex- votos". Pedinlle a Zé que me escribira unha dedicatoria e el escribiu "Se precisases de uma mao amiga, lémbrate que eu tenho dúas". Ese era Zé, unha persoa desinteresada, humilde e moi amiga dos seus amigos.
  • A última vez que estiven con el foi en Vilanova de Cerveira. Ó despedirmos, despois dunha forte aperta, díxome: "Lévote comigo aquí", sinalando no seu peito. Nestes días eu estou moi triste por saber que Zé xa non está entre nós. Noto un vacío no meu corazón que non se dá cheo. Quédame o consolo de que tiven o privilexio de coñecer a unha persoa tan extraordinaria. Obrigado Zé, por compartir comigo algúns momentos da túa vida. Nunca te esquecerei. Ata sempre.
Juan Jesús Jalda Martínez

13 comentarios:

  1. Hei!!! que bai a empezar o cole!!, eh aún non comentamos nada en todo o verán, este blog parece: ¡¡¡O Blog abandonado!!!buuuh..., jajaja!.
    Hai que comentar!!!. Saúdos, Xian.=)

    ResponderEliminar
  2. Ola! Sei que comento un pouco tarde, pero moi bonita a entrada Nadia. Xian, tes razón, non pusemos ningun comentario en todo o verán jajaja!
    Saúdos a todos! ;)

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. E certo, cando estamos no cole esta ven facer entradas por orden de lista, pero nas vacacións non sabemos a quén lle toca :S

    ResponderEliminar
  5. Ana, iso de facer as entradas por orde de lista esta ben, pero mellor que nas vacacións esa norma a quitemos si non nadie bai ah facer nada no blog, saúdos Xian.=)

    ResponderEliminar
  6. O comentario que eliminei era o mismo que o que pusen agora, o quitei por que tiben un fallo, por iso cris escribiu referendose o meu, cando o meu vai despois.

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  8. Pois que ven que o dis, senón iban creer que falo sola jajaja!

    ResponderEliminar
  9. Valla!!! no meu último comentario tamén tuven outro erro, non eh "si non" eh "se non", e que tantos días sen ir o cole jejej!!!.

    ResponderEliminar
  10. Pero bueno, dentro dunhas horas empeza outra vez o cole!!!, que ilusión noso último ano na Rúa, que triste vai ser cando nos vallamos do cole das nosas vidas:(. Pero por ahora aún nos queda un ano.=)

    ResponderEliminar
  11. E certo, tantos días sen ir o cole. Non te preocupes Xian, un erro o ten calquera.

    ResponderEliminar
  12. Pois si, tedes razón, deberiamos permitir liberdade de publicación no verán. Que gusto que teñades tan boa imaxe do cole!!! Esperemos pasalo moi ben este curso que comeza e aprender moito divertíndonos. Bicos a todos e todas e ata mañá.

    ResponderEliminar
  13. Que ganas teño de veros a todos :)

    ResponderEliminar