martes, 10 de mayo de 2011

A grande meiga de Foz

O día 28-4-11 fomos os nenos e nenas de 5º e 6º ao Auditorio de Cangas. A obra que vimos titulábase "A grande meiga de Foz". Os actores e actrices eran do colexio Eduardo Pondal.
A historia tratábase dun espantallo que quería un cerebro, unha nena que quería volver a Porriño, un androide que quería un corazón e un boxeador que quería valor.
Ao principio da obra, apareceu a bruxa do Norte que lle deu un bico na fronte a Doriñas, ese bico ía protexela, tamén lle deu uns zapatos que eran da bruxa de Oriente.
Despois saiu a grande meiga de Foz, que era a máis poderosa de todas, concedíalles os desexos que lle pedían.  E por último, apareceu a bruxa de Occidente, que intentaba roubarlle os zapatos a Doriñas.

Ao final da obra, todos descubrimos que o espantallo tiña cerebro, o androide corazón e o boxeador valor. 

Amable e Vicky

PD: A obra de teatro está baseada no libro "O marabilloso Mago de Oz". A profe Ana está léndonolo na hora de ler. O autor é Lyman Frank Baum.

1 comentario:

  1. Moitas felicidades Vicky e Amable, o único que está mal ortográficamente é...
    ¡Que maravilloso é con v non con b. Saúdos e sorte nas vosas próximas publicacións.

    ResponderEliminar