lunes, 12 de septiembre de 2011

As novas normas do blog.

1. Haberá quendas para facer entradas por orde de lista.

2. A participación no blog influirá na nota.

3. Se alguén non ten preparada a entrada o mércores como moi tarde, pasa ó

seguinte da lista.

4. As entradas deben ter achegas persoais, non só copiar e pegar.

5. Antes de publicar, ler a entrada varias veces e lerlla a alguén para ver se se

entende, buscar todas as palabras no dicionario.

6. O mércores melloraremos a entrada entre todos e todas na clase.

7. As entradas que teñen caducidade (excursións, espectáculos...) farémolas entre todos e todas.

8. Haberá a posibilidade de facer entradas fóra das quendas pero deberán pasar

polo consenso de todo o grupo-clase.

Estas normas fixémolas porque non estabamos todo o a gusto que queriamos coas anteriores.

Elaborámolas o 12 de setembro entre todos e todas coas ideas que tiñamos, se a idea que alguén propoñía nos parecía ben a usabamos e se nos parecía que podía mellorarse intentabamos mellorala, porque todos xuntos sempre podemos.

domingo, 11 de septiembre de 2011

"O Blog abandonado"

Erase unha vez, uns alumnos do colexio "A Rúa", eles tiñan un blog moi interesante. Un día, a súa profe Ana puxo unha norma no blog, a norma era que os nenos tiñan que facer a entrada por orden de lista, o que lle tocara o turno tiña unha semana para facer unha entrada no blog. Para saber que tipo de entrada tiña que facer, os compañeiros daban propostas e el ou ela tiña que escoller unha. A nova norma iba moi ben ata que chegou o día desastroso para o blog, ese día era o...¡¡¡ O comenzo das vacacións de verán!!!

Cando empezaron as vacacións ninguén participaba no blog, ninguén entraba no blog, nin se acordaban del; o blog puxose moi triste, e estaba a piques de enfermar da tristeza. Faltaba un día para que empezara o cole. Se ninguen entraba no blog antes, cando o próximo día chegaran a escola e abriran o blog para facer unha entrada, íanse atopar con que o blog xá non existía. O blog estaba morto porque ninguén o mirou nin o comentou en todo o verán.

Pola tarde do último día das vacacións, Xian, un dos alumnos (eu, jajaja!) entrou no blog, e este púxose un pouco mellor. Despois comentou, e o blog púxose un pouquiño mellor que antes. De seguido entrou Cris (unha alumna) e comentou, logo Ana(a profe) entrou e comentou. Entón o blog púxose de marabilla, listo para que lle fixeran unha entrada (esa entrada e a que estou eu facendo agora) e o blog salvouse, e os alumnos que pasan maña para sexto poderano seguir gozando.

Fin

Xian.

Comentario:
Esta entrada fíxena para que comentedes e traballedes no blog nas vacacións, que Ana deu permiso!!! saúdos Xián.=)

viernes, 3 de junio de 2011

O meu amigo Zé Leonel

Os meus tíos, os meus pais máis eu coñecimos a Zé Leonel ( José Leonel Perfeito), un cantante moi famoso de Portugal.
A primeira vez que soubemos que era cantante, agasallounos cun CD del, meu tío díxolle que lle escribira unha dedicatoria e el escribiulle: " Se precisases de uma mao amiga, lémbrate que eu tenho dúas" (anotoulle o número de teléfono e a súa sinatura).



Zé Leonel estivo en varios grupos,un deles foi "Xutos e Pontapés" (insultos e patadas), outro "Ex-votos" e o último no que estivo antes de morrer foi "Zé Leonel+Iva".


Unha das cancións máis famosas do grupo "Ex-votos" é "Canto aos peixes":




Zé Leonel morreu a finais de Semana Santa na súa casa en Póvoa de Santa Iria, concello de Loures. O músico sufría cancro de fígado, que fora diagnosticado facía 5 meses. Zé Leonel deu o seu último concerto cos "Ex-votos" no Centro Cultural Malaposta, en Odivelas, no que participou Kaloo, batería dos "Xutos e Pontapés".


Nadia Jalda Fonseca




  COMENTARIOS DO MEU TÍO:

  • Coñecín a Zé Leonel en España. Non sabía que el era artista, ata que un día me agasallou cun CD dos "Ex- votos". Pedinlle a Zé que me escribira unha dedicatoria e el escribiu "Se precisases de uma mao amiga, lémbrate que eu tenho dúas". Ese era Zé, unha persoa desinteresada, humilde e moi amiga dos seus amigos.
  • A última vez que estiven con el foi en Vilanova de Cerveira. Ó despedirmos, despois dunha forte aperta, díxome: "Lévote comigo aquí", sinalando no seu peito. Nestes días eu estou moi triste por saber que Zé xa non está entre nós. Noto un vacío no meu corazón que non se dá cheo. Quédame o consolo de que tiven o privilexio de coñecer a unha persoa tan extraordinaria. Obrigado Zé, por compartir comigo algúns momentos da túa vida. Nunca te esquecerei. Ata sempre.
Juan Jesús Jalda Martínez

viernes, 27 de mayo de 2011

Versións dun poema de Lois Pereiro

Deixámosvos aquí un precioso poema de Lois Pereiro e as versións que idearon os alumnos/as de 5º de Primaria.

Vou construír unha caixa de bicos
unha caixa pequena na que caiban 
moitos...moitos bicos...
bicos de distintas cores,
afroitados, coquetos, azuis, 
azucrados...

Lois Pereiro


Caixa de Amores

Vou construír unha caixa de amores,
unha caixa pequena con amores de moitas cores,
amores de diferentes sabores,
un amarelo que saiba a caramelo,
un marrón que saiba a melocotón e
un de verdade para a túa cidade .

Catalina e Iván



Caixa de Nomes


Vou costruír unha caixa de nomes,
unha caixa pequena con moitos, moitos nomes,
Laura, Sabela ou Antón. 
Mariña, Xavier ou Cristóbal Colón.
Lorena, Nerea ou Candela. 
Pablo, Estela ou o nome dunha carabela. 
Vou construír unha caixa de nomes,
unha caixa pequena con moitos... moitos nomes.

Catalina e Iván





Vou construír unha caixa de recordos,
unha caixa pequena na que caiban

moitos, moitos recordos.

Recordos de distintas épocas

de pequenos, de adolescentes,

o teu primeiro fillo, o segundo...


Jacob Bamio Cordero





 
  O edificio dos sentimentos


Vou construír un edificio para os sentimentos
con habitacións de cores:
amarela para a felicidade,
verde para o respecto,
azul para a amizade
e vermella para o amor.

Manel




Construíndo un espello


Vou construír un espello
moi grande no que caiba
moito, moito amor, paixón...
Todo de distintas cores e sabores,
azucrado, alaranxado e apaixonado. 

Miguel S. V. 




UNHA CAIXA DE XOGOS

Vou construír unha caixa de xogos,

unha caixa de 7 Km de longo na que caiban

moitos...moitos xogos...

xogos de distintas formas,

feos, bonitos, aburridos,

divertidos...




Diego


O armario máxico 

  Vou construír un armario de xoaniñas e bolboretiñas
debuxadiñas, que che canten axiña unha panxoliña.
Cando abras o armario sairán voando bolboretiñas,
cando abras o armario para gardar a roupiña,
as xoaniñas lavarancha axiña.



Iria Miranda Ferradás







UNHA CASA DE DIVERSIDADE

Imos construír unha casa de persoas,

unha casa de persoas na que caiban,

moitas...moitas persoas...

persoas de distintas razas,

chinesas, africanas, americanas,

australianas...



Lara González




UNHA CAIXA DE APERTAS

Vou construír unha caixa de apertas
de todas as formas:
cadradas, circulares, triangulares...
Apertas de todas as cores:
unha amarela de China,
outra vermella de América,
e a última azul das illas Azores.

Lorena







Un corazón de apertas


Quero facer un gran corazón,
un corazón no que caiban moitas apertas,
apertas de moitos tamaños,
grandes, pequenas, medianas...

Nerea 





ZOO DE SOÑOS

Vou construír un zoo de soños,
un zoo onde caiban
moitos… moitos soños.
Soños de aventuras, bonitos,
curtos, fermosos…


LAURA PIÑEIRO



Vou construír unha nube, 
unha nube de moitas cores
chea de moitos... moitos bombóns...
Bombóns de distintos sabores
vainilla, chocolate, frambuesa,
 queixo, chourizo, xamón ...

Antía Riobó Fernández



Vou construír


Vou construír unha caixa chea de amor.
Así con tanto amor chegarei a ti,
para darche unha aperta e un bico:
salgado, doce ou amargo.

Cristina 



UNHA CAIXA DE AMOR



Vou construír unha caixa de amor,
unha caixa grande na que caiba
moito... moito amor...
Amor de moitos sabores
doces, salgados, azucrados...

Iria Bermúdez



 



martes, 10 de mayo de 2011

A grande meiga de Foz

O día 28-4-11 fomos os nenos e nenas de 5º e 6º ao Auditorio de Cangas. A obra que vimos titulábase "A grande meiga de Foz". Os actores e actrices eran do colexio Eduardo Pondal.
A historia tratábase dun espantallo que quería un cerebro, unha nena que quería volver a Porriño, un androide que quería un corazón e un boxeador que quería valor.
Ao principio da obra, apareceu a bruxa do Norte que lle deu un bico na fronte a Doriñas, ese bico ía protexela, tamén lle deu uns zapatos que eran da bruxa de Oriente.
Despois saiu a grande meiga de Foz, que era a máis poderosa de todas, concedíalles os desexos que lle pedían.  E por último, apareceu a bruxa de Occidente, que intentaba roubarlle os zapatos a Doriñas.

Ao final da obra, todos descubrimos que o espantallo tiña cerebro, o androide corazón e o boxeador valor. 

Amable e Vicky

PD: A obra de teatro está baseada no libro "O marabilloso Mago de Oz". A profe Ana está léndonolo na hora de ler. O autor é Lyman Frank Baum.

jueves, 14 de abril de 2011

Super chistes no cole

Os días 7 e 8 de abril na última sesión, estivemos contando chistes. O día 7  participaron os nenos/as de Infantil e os alumnos/as de Primeiro ciclo,  e o día 8 os de Segundo e Terceiro ciclo.


Algúns e algunhas ríronse moito ou demasiado, mais era comprensible cos chistes tan bos que contamos. Foi unha experiencia moi graciosa, e eu penso que se debería repetir, xa que a risoterapia fainos ser mellores persoas e tamén alegrarnos máis pola vida.


Alguns dos chistes foron:


-Que fai unha vaca no espazo?
-Visitar a via láctea.


-En que se diferenza unha pulga dun elefante?
-En que os elefantes poden ter pulgas e as pulgas non teñen elefantes.


-Cal é o home mais rápido da China?
-Chuuuuuuuuuuuuuuuunnnn.




                   Manel, 5º Primaria

martes, 5 de abril de 2011

¡¡¡Chegou o día!!!

O día 25 de marzo os nenos de quinto poidemos gozar xogando as dúas últimas sesións a un xogo elaborado por nós, o proceso explicouno a nosa compañeira Catalina nuha entrada anterior. Este xogo forma parte de unha actividade chamada  '' Conectando mundos''.


O xogo consiste en crear un pobo que respecte a Diversidade, Participación, Identidade e Xustiza. Para isto necesitas casas, rañaceos, camiños e obras públicas. Cada vez que un equipo constrúa algún elemento sumará puntos: por cada casa 1, por cada rañaceo 2 e por cada obra pública 1.
O equipo que consiga 10 puntos gaña.


PARA EMPEZAR A XOGAR:

Deberás facer 4 equipos dos membros que ti queiras. 
Necesitarás 24 tarxetas cadradas (Identidade, Participación, Xustiza e Diversidade),
aínda que só utilizaremos 16 delas. Ó principio de cada partida colocaremos as tarxetas aleatoriamente no taboleiro, de arriba a abaixo e de dereita a esquerda . A cada equipo entregaránselle: 10 pezas de camiño, 4 casas, 4 rañaceos e unha carta de construción. O primeiro en tirar o dado será o que saque o número máis grande e o seguinte o que estea á súa dereita.




¡¡¡¡LISTOS PARA XOGAR !!!!! :

Cando empecemos a partida, cada equipo poderá establecer unha casa e un camiño. As casas e rañaceos deberanse poñer nas interseccións e as obras públicas no centro das tarxetas. Os camiños deben unir casas e rañaceos entre si. Se quedas sen camiños, podes seguir construindo nos dos outros grupos. Para seguir construindo camiños, casas e rañaceos deberanse conseguir as tarxetas necesarias para facelo. 
Cando tiramos o dado e sae un número que coincide con algun dos números que rodean a nosa casa ou rañaceo gañaremos a tarxeta "'DI.P.I.X''(Diversidade,Participación, Identidade e Xustiza) que corresponda.
Cada equipo debe colocar un minimo de 3 obras públicas, para iso debes pasar 1 proba (Óllao ben, Preguntas ou Tabú), que poderás coller do mazo de Licenza de obras públicas.



¡¡¡¡ESTE XOGO ESTA RECOMENDADO DE 10 ANOS A 999!!!!!
A min persoalmente pareceume unha actividade moi difícil de elaborar pero divertida. Espero que vos guste.
Lara (:



Aquí vos deixamos unhas imaxes da creación do xogo e do ben que o pasamos cando xogamos entre todos e todas.