martes, 13 de marzo de 2012

MERCADIÑO DE 6º NO CROSS A RÚA

Inauguramos o vindeiro domingo 18 de marzo no Cross do colexio o magnífico MERCADIÑO de 6º. Temos de todo: bicis, libros, xogos da play, menaxe de fogar, roupa, gafas, puzzles...e moito máis. Os beneficios serán para a nosa excursión de fin de etapa a Manzaneda.

A prezos de loucura nesta oferta de apertura!!
Acudide, non volo perdades!!!

Este é o noso estupendo catálogo: 

miércoles, 7 de marzo de 2012

Mila (Nai de Nadia) leu con nos

Este ano Mila, a nai de Nadia, leunos un libro chamado "Citas Famosas", tratase de frases importantes de Filosófos.


Antes de lernos as frases famosas enseñounos unha presentacion que fixo ela de filosófia: Na primeira folla saía unha "descripcion" de que é a filosófia, na 2ª folla saía unhas preguntas de filosófia e nas seguintes follas algunhas cantas frases graciosas que escribiron nenos en internet do que sentian eles.


ESTA É A PRESENTACION (Clica neste enlace para vela):


As preguntas que preguntou foronlle moi interesantes aos alumnos e estas foron as súas respostas:


1)¿Por qué podemos utilizar, para experimentos médicos, animais pero non hombres?


  • Porque ninguen botaría en falta a unha rata de laboratorio.
  • Porque lle dan máis importancia á vida dun human.
  • Os animais non poden rebelarse, os homes/mulleres si.
 
  2) ¿Por qué teñen que haber normas morais?

  •  Para que o mundo non sexa unha catástrofe.
 
3) ¿Por qué dicen que o amor é cego?


  • Porque ti podes namorarte de persoas distintas a ti.

4) ¿ Te parece boa a táctica da avestruz para non temer a morte?


  • Énfrontarte os medos 


5) Según ti, ¿en qué consiste a felicidade?


  • Ter unha vida o mellor posible. Facer feliz a ti mesmo e ós demais




6) ¿Que relacion hai entre libertade e responsabilidade?


  • A responsabilidade marca o limite onde podes chegar 

 Agora deixovos algunhas citas famosas do libro que leunos Mila:


  • Si tiene remedio, ¿Por qué te quejas? Si no tiene, ¿Por qué te quejas? 
                                                                 Proverbio oriental


  • Conocete a ti mismo.
                        Oráculo de Delfos


  • ¿Quien soy yo? Estoy tratando de averiguarlo.
                                     J.L. Borges 
  • El que mucho elige se queda lo peor.
                                      Dicho uruguayo


  • Cuando el hombre no se encuentra a si mismo, no encuentra nada.
                                                         Goethe


  • En cuanto a mi, solo se que no se nada.
                                      Sócrateres




  • Sufrir y llorar significa vivir
                     Dostoiewski


                                                                                        Nadia


jueves, 16 de febrero de 2012

A guerra das sementes


Vouvos falar sobre unha guerra moi descoñecida chamada "A GUERRA DAS SEMENTES"

Esta guerra consiste en:
Varias industrias compran e modifican xeneticamente as sementes de todo o mundo. E vós  preguntarédesvos: ¿Por que son modificadas estas sementes?
Pois para que os vendedores de ditas sementes non poidan volvelas a prantar.

Para que cada semente do mundo non desaparezca, os Noruegos teñen no seu poder un banco só para sementes .Ali podense encontrar sementes de todo tipo.
O banco de esmentes cumpre coa funcion :
De almacenar as sementes e telas clasificadas . Asi podemos dispoñer delas para recuperar plantas que nun futuro se puidesen encontrar en perigo de desaparecer debido a pragas ,catástrofes , cambios climaticos....

Saúl

martes, 14 de febrero de 2012

Pido la paz y la palabra, de Blas de Otero

Pido la paz y la palabra
Escribo
en defensa del reino
del hombre y su justicia. Pido
la paz
y la palabra. He dicho
«silencio»,
«sombra»,
«vacío»
etcétera.
Digo
«del hombre y su justicia»,
«océano pacífico»,
lo que me dejan.
Pido
la paz y la palabra.

Blas de Otero





EU PIDO:
 
Diversidade, Compromiso, Agarimo, Liberdade, Convivencia, Xustiza, Amor, Bondade, Simpatía, Paciencia, Risas, Empatía, Ilusión, Ledicia, Bicos, Imaxinación, Optimismo, Cooperación, Amizade, Soños, Humor, Solidaridade, Apertas, Confianza, Xustiza.

(Desexos dos alumnos/as de 6º)

lunes, 6 de febrero de 2012

Excursión a Coruña

O pasado día 31 de xaneiro fixemos unha saída á cidade da Coruña para visitar o Acuario Finisterrae e a Domus. Nada máis chegar estivemos no acuario onde había unhas boas vistas á Torre de Hércules. O primeiro que fixemos foi ver as focas comúns, uns animais moi glotóns. Había dúas piscinas, nunha as femias e noutra os machos. Faláronnos bastante das focas, dalgunhas das súas características. Tamén estaban por alí cerca os helicópteros, lanchas, etc., polo do caso Orzán. Despois de ver as focas fomos á "charca das caricias" onde tocamos un tiburón Pinta Roxa, a súa pel era como unha lixa. Ó final, o último que visitamos no acuario foi o "Nautilus", unha sala rodeada dunha peceira enorme onde podiamos distinguir tiburóns touro, anxelotes, tiburóns de arrecife, meros...

Logo de merendar no paseo marítimo, chegamos á Domus, un museo "macanudo". No primeiro andar había cousas moi variadas, dende un cadro da Mona Lisa feito de fotos, case 10000, ata aparatos para ver o noso rendemento físico. No 2º andar, dedicado á vista, ó cerebro... xogamos a un xogo de mover unha bola coa mente.
No 3º andar tiñamos o resto dos sentidos e o aparato locomotor. O que máis me gustou nese andar foi a bici, que pedaleabas e un esquelete movíase.
No 4º andar, non tiven tempo de ver nada porque tiñamos que comer.
Despois de comer vimos unha peli de WWF sobre a nosa intervención nos ecosistemas mundiais. Logo de ver esta peli marchamos a Cangas outra vez.

Manel



Visita á Domus:


Visita ó Acuarium Finisterrae:


jueves, 2 de febrero de 2012

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore (2011)

Onte no curso de profesores/as sobre "Comprensión lectora" que estamos a desenvolver no colexio, proxectáronos esta curtametraxe que me pareceu toda unha "delicatesem". Espero que vos guste tanto como me gustou a min. Non esquezades facer algún comentario ó respecto para compartir a vosa visión do filme.

lunes, 23 de enero de 2012

Pobos desprazados

Por mor da celebración do día da Paz o 30 de xaneiro, animo a tódolos alumnos/as de 6º a participar na busca de información sobre POBOS DESPRAZADOS que tiveron que abandonar de forma masiva o seu lugar de orixe por causas contrarias á súa vontade.
Podedes colgar as vosas achegas do documento que se abrirá ó facer click nesta imaxe: